SanidadeÚltima hora

O CHUO trae un laboratorio móbil para formar aos traumatólogos en técnicas de artroscopia

O obxectivo da Xerencia é converter ao Complexo nun centro de referencia formativa traendo máis veces este laboratorio que dá unha formación que só se pode adquirir en Múnich ou París
Dionisio Vellido visitou as instalacións do laboratorio Móbil. // Foto: Carlos Asensio.

Os profesionais de Traumatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) afondaron nas súas técnicas de artroscopia, nun curso especializado nun laboratorio móbil que estará situado nas instalacións do Complexo ourensán. Esta unidade móbil de aprendizaxe está dotada coas últimas técnicas máis avanzadas e o curso de formación desenvolverase en dous días.

Hoxe, 4 de xullo, os asistentes a este Laboratorio Móbil practicaron a artroscopia en xeonllo e ombreiro a través de “pezas cadavéricas”, explicou o xefe de Servizo de Traumatoloxía, o doutor Juan Blanco. Esta primeira xornada está dedicada á formación de aqueles cirurxiáns que aínda non están familiarizados con esta técnica e mañá, 5 de xullo, é a quenda da formación en pulso e nocello, explicou o doutor.

Así, o CHUO converteuse nos poucos centros de España e de Europa en abranguer esta formación: “para recibir esta formación hai que desprazarse a Munich ou a París, e en España a Madrid ou Barcelona ás facultades de Medicina”. Este laboratorio móbil “é todo un luxo”, asegurou Juan Blanco. Neste senso, o xerente de xestión integrada da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, Dionisio López Vellido, asegurou que este laboratorio móbil “vaise integrar dentro da liña de innovación que está a iniciar este Complexo”. Este laboratorio móbil é a primeira vez que vén a Galicia este ano pero “vamos a intentar, dentro desa ferramenta Hospital 2050, ser centro de referencia en materia de formación de profesionais”.

O xefe de Traumatoloxía, Juan Blanco, aprendendo a unha traumatóloga esta nova técnica. // Foto: Carlos Asensio.

Dende o CHUO aseguran que, tan só no pasado ano, realizáronse un total de 224 intervencións menos agresivas mediante artroscopia. Segundo explicou o doutor Blanco, estas intervencións “fanse incluso de xeito ambulatorio” o que implica que o paciente poden voltar á súa casa no mesmo día. Asemade, asegurou que en moitas ocasións “xa nin poñemos puntos” e reiterou que a recuperación postoperatoria “é menos agresiva e menos dolorosa”.

De feito, no CHUO xa a metade de intervencións que realiza sen ingreso o Servizo de Traumatoloxía son xa artroscopias. Delas, o 72% son de xeonllo, o 21 % de ombreiro e están indo en aumento as intervencións máis complexas como as de nocelo, cóbado ou pulso.

Este tipo de intervencións son menos agresivas para o paciente. // Foto: Carlos Asensio.

No eido das dificultades para que o profesional poida levar a cabo esta técnica, o xefe do Servizo de Traumatoloxía reiterou que “hai que ter en conta que o profesional non está a ver cos seus ollos onde intervén, senón que o ve a través dunha pantalla”. A pesar de que a meirande parte consegue desenvolver esta técnica e sacala adiante “hai algúns que se quedan atrás e non son capaces”, dixo o doutor. Así é todo, Juan Blanco afirmou que “os que teñan un pouco de coñecemento en videoxogos conseguirán dominar esta técnica”.

Texto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close