DeportesÚltima hora

O ciclista alaricano Iván Feijoo é o actual campión de España sub23 de ciclocross

Foi recibido polo presidente da Deputación a quen lle entregou do maillot representativo da súa participación na Copa do Mundo

Iván Feijóo entrega a Manuel Baltar o maillot representativo da súa participación na Copa do Mundo.

 

Na mañá deste venres 15 de xaneiro, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibía no Pazo Provincial ao ciclista alaricano Iván Feijoo, a quen felicitou polos recentes éxitos acadados na súa especialidade de ciclocross, da que é actual campión de España sub-23 -título conseguido en tres ocasións- e quen recentemente vén de dar un gran paso na súa carreira deportiva subindo ao podio na pasada Copa do Mundo, celebrada en Tabor (República Checa), onde acadou o terceiro posto.

Baltar transmitiulle “os parabéns e todo o noso recoñecemento polo orgullo que supón que un ourensán estea na elite do ciclocross mundial, levando o nome da nosa provincia aló por onde vai, desenvolvendo unha especialidade deportiva de máxima esixencia e sacrificio”, expresou.

 

O ciclista alaricano Iván Feijóo.

 

Iván Feijoo, pertence ao equipo Nesta-Skoda Alecar e estuda 4º curso Medicina na Facultade de Santiago de Compostela. Na recepción de hoxe na Deputación fíxolle entrega ao presidente Baltar do maillot representativo da súa participación na Copa do Mundo, e recibiu por parte da institución provincial unha figura que representa a fonte termal das Burgas.

Artigos relacionados

Back to top button