DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O ciclista Asser Estévez vence na XL Volta ao Ribeiro

151 ciclistas na liña de saída da carreira que discorreu por dez municipios

O ciclismo de competición regresaba o sábado 18 de xuño á provincia de Ourense coa 40ª edición da Volta Ciclista ao Ribeiro, organizada por el Club Ciclista Ourensano en colaboración coa Asociación Galega Ciclismo no Ribeiro.

Con saída e meta en Barbantes-Estación (Cenlle) a proba contou con 151 corredores (retiráronse 47) e discorreu polos municipios de Cenlle, Punxín, Ourense, Maside, O Carballiño, Leiro, Beade, Ribadavia, Arnoia e Castrelo de Miño.

O vencedor da proba foi o corredor do Rías Baixas Asser Estévez Cividades, que empregou un tempo de 2:30:18 en completar os 96,5 quilómetros do percorrido. Segundo foi Anderson Samuel Maldonado Sánchez do club de Oviedo; e terceiro Wolfgang Miguel Burmann Litin tamén de Oviedo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button