DeportesÚltima hora

O ciclista do Tres Lunas Valdeorras, Brandan Márquez, regresa á Gran Bikedada

A proba, organizada por Social Ciclismo Fan Manager, celebrarase o 16 de febreiro sobre 100 quilómetros na distancia de Gran Fondo

 

En 2019 o ultrafondista do club ciclista Tres Lunas Valdeorras Brandan Márquez selaba unha tempada brillante, vencendo entre outras, a Iron Bike XCM Italia e a Mountain Quest XCUM de Portugal, ademais do cuarto posto no campionato de Europa XCUM (ultramaratón) e o terceiro na Crocodile Trophy XCM de Australia.

A nivel nacional, foi dúas veces campión de España de ultramaratón e agora, despois duns anos de ausencia por incompatibilidade co seu calendario, regresa á Gran Bikedada, comezando en Vigo un ambicioso calendario. “É unha proba que me vén moi ben como preparación, ademais resulta moi atractiva porque se adapta ao que cada participante busca nela”, comenta o xefe de filas do club valdeorrés.

A Gran Bikedada 2020, organizada por Social Ciclismo Fan Manager, en colaboración con outras entidades ciclistas, celebrarase o 16 de febreiro sobre 100 quilómetros na distancia de Gran Fondo, entre Vigo (Pontevedra) e o encoro de Eiras, con regreso a Vigo a través dos municipios de Redondela, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes. Tamén ten as opcións de 69 e 42 quilómetros (Fondo e Medio Fondo).

 

Cartel da Gran Bikedada 2020.

Artigos relacionados

Back to top button