Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

O ciclista Óscar Pereiro visita O Barco da man do candidato popular

Moisés Blanco reitera a súa aposta polo deporte e a vida saudable como claves do seu proxecto para o concello
Óscar Pereiro con membros da candidatura do PP á alcaldía do Barco, no Castro.
Óscar Pereiro con membros da candidatura do PP á alcaldía do Barco, no Castro.

O Pazo do Castro, era o escenario elixido polo candidato popular á alcaldía do Barco, Moisés Blanco, para anunciar o seu plan para “a construción dun carril bici de máis de 5 quilómetros por toda a localidade como mostra da nosa aposta pola vida saudable”. E facíao acompañado polo ciclista galego Óscar Pereiro, campión do Tour de Francia en 2006 que se achegaba ata O Barco de Valdeorras para apoiar o proxecto popular no que “o deporte en xeral, e a bicicleta moi particularmente ten un gran protagonismo”.

O ciclista Óscar Pereiro co candidato popular, Moisés Blanco, na rolda de prensa.
O ciclista Óscar Pereiro co candidato popular, Moisés Blanco, na rolda de prensa.

Pereiro asegurou que “estarei sempre a favor de todo aquelo que axude a desenvolver o meu deporte”, desexando “que o ciclismo no Barco se desenvolva e cada vez máis xente colla a bici, ademais de que se faga o proxecto das BTT ou se lle dé un novo pulo á Volta a Valdeorras”, outras dúas iniciativas anunciadas por Moisés Blanco.

Trala charla mantida con membros da candidatura do PP do Barco, o deportista de Mos (Pontevedra) mantivo asemade un encontro con representantes do ciclismo valdeorrés e do deporte en xeral, asegurando coñecer ben unha zona na que adoitaba adestrar de cara a grandes citas como a Volta a España ou o Tour de Francia.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button