OurenseÚltima hora

O ciclo da Xunta “Cultura no Camiño” intensifica a súa actividade no período vacacional

Están programadas 284 actuacións en 76 concellos das rutas Xacobeas

 

O Mago Teto, un dos artistas que participan neste ciclo. Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Xunta organiza por sétimo ano consecutivo o ciclo “Cultura no Camiño”. Así, aínda que vai de maio a setembro, a actividade intensifícase no período vacacional, coincidindo coa maior afluencia de peregrinos.

Este ciclo comprende localidades polas que discorren as 10 rutas xacobeas: Camiño de Inverno, Camiño Francés, Camiño de Fisterra-Muxía, Camiño do Norte, Camiño do Sueste-Vía da Prata, Camiño Inglés, Camiño Portugués, Camiño Portugués pola Costa, Camiño Primitivo e Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla.

Así, na provincia de Ourense están programadas 44 actuacións en O Barco de Valdeorras, A Mezquita, Allariz, Baños de Molgas, Monterrei, Riós, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Sandiás, Vilariño de Conso e Xinzo de Limia.

As actuacións inclúen artistas galegos destacados como Mago Teto, Cayetano Llefó, Martín Camiña, A Banda de Balbina, Aldaolado, De Vacas, Habitación Vudú, Leilía, Rodrigo Romaní, Roi Casal, Silvia Penide, The Lákazans, Xacobe Martínez Antelo, Xoan Curiel, Magín Blanco, Pistacatro, Culturactiva, Redrum Teatro, Baobab, Elefante Elegante, Os Monicreques de Kukas ou Títeres Cachirulo

Artigos relacionados

Back to top button