CulturaCultura

O Ciclo de Lírica de Ourense trae á diva internacional da ópera Sandra Ferrández

A actuación será mañá, ás 20:30 horas, no Teatro Principal de Ourense e as entradas teñen un custo de cinco euros
Cartel do ciclo de Lírica 2016 Ourense.
Cartel do ciclo de Lírica 2016 Ourense.

O Cilco de Lírica de Ourense continua en marcha e, para mañá, trae a unha das grandes mezzosopranos españolas, Sandra Ferrández, que ofrecerá un recital, ás 20:30 horas, no Teatro Principal de Ourense. O prezo das entradas é de cinco euros e pódense mercar a través da plataforma ataquilla.com e dúas horas entes do espectáculo no despacho de billetes do propio teatro.

Sandra Ferrández está considerada a cantante española máis internacional do momento e conta cun historial apoiado por varios premios recibidos durante toda a súa carreira.

Esta mezzosoprano ten sido dirixida por grandes mestres en escenarios de grande prestixio de todo o mundo. Nas táboas do Teatro Principal estará acompañada pola pianista coreana Husan Park, que normalmente acompaña a voces de sona internacional como José Carreras, Placido Domingo ou María Bayo.

Durante a súa carreira, Ana Ferrández recibiu numerosos premios. Entre eles, o Primeiro Premio da Xuventude Musical de España, ademais de ser galardoada co premio da Opera Actual canda Jaume Aragall.

Dentro das súas actuacións, hai que salientar as que fixo como solista no Teatro Rreal, no Auditorio Nacional e no Teatro Monumental de Madrid; na sala de Cámara do Palau de la Música, en Valencia; no Auditorio Manuel de Falla de Granada; no Kennedy Center de Washington e en Caracas (Venezuela).

Back to top button