CulturaCulturaÚltima hora

O ciclo “De Perto” abre o pano coa poetisa Olga Novo na noite do 22 de xuño

A actuación terá lugar na praza do Sagrado do Barco a partires das 22:30h.
A praza do Sagrado será escenario do primeiro dos esepctáculos do ciclo “De Perto” no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Comeza a quinta edición do ciclo “De Perto” no Barco, unha iniciativa que combina as diversas manifestacións da oralidade cos escenarios abertos en puntos emblemáticos do municipio. Desta volta este programa, que organiza a Concellería de Cultura, abrirase entre versos. A poetisa Olga Novo (Vilarmao-Pobra do Brollón, 1975) actuará a partires das 22:30h. na praza do Sagrado, no casco antigo barquense. O seu espectáculo leva por título “Historia Universal dun lugariño”.

Artigos relacionados

Back to top button