CulturaCultura

O ciclo “Prego 100 anos” pecha co catálogo das obras do artista ourensán

A publicación contén máis de 1000 obras rexistradas de particulares, familiares e salas de exposicións
Manuel Prego, Xabier Limia, Jesús Vázquez, Belén Iglesias, Natalia Figueiras, Francisco Silva e Eva Torres. // Foto: Carlos Asensio.

O ciclo “Prego 100 Anos”, co que a Cidade de Ourense pretendeu celebrar o centenario deste destacado artista da cidade das Burgas, pechou hoxe, 18 de maio, coa presentación do catálogo que os comisarios, Natalia Figueiras e Xabier Limia, estiveron facendo ao longo de varios meses. Esta publicación contén un compendio das obras que particulares, familiares e salas de exposicións tiñan en posesión e que decidiron achegarse ás convocatorias do Concello para rexistralas. Máis de mil obras compoñen este catálogo que hoxe, día no que se celebra o 102 aniversario do nacemento de Prego de Oliver, “así aparece rexistrado no arquivo diocesano”, dixo o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, sae públicamente.

O acto estivo presentado pola directora dos espazos expositivos do Concello de Ourense, Eva Torres, e nel estiveron presentes os comisarios, Natalia Figueiras e Xabier Limia; o fillo de Prego de Olver, Manuel Prego; a Delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García; e o delegado de Iberdrola en Galicia, Francisco Silva; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; e a concelleira de Cultura, Belén Iglesias.

Portada do catálogo.

 

Artigos relacionados

Back to top button