Publicidade
EconomíaÚltima horaViticultura

O CIM de Quiroga e unha adega local organizan unha cata degustación dirixida a mulleres

É a primeira que se fai de noite e estará acompañada de música en directo

O vindeiro sábado 18 de xullo o Centro de Información á Muller (CIM) de Quiroga en colaboración coa adega local EDV 2015 SL ubicada en Margaride de Lor, organiza unha cata degustación dirixida a mulleres.

Tratarase da primeira cata-degustación nocturna da Ribeira Sacra organizada por esta adega que xa foi a primeira en organizar a vendima nocturna. A saída será ás 21:00 horas diante da Casa da Cultura de Quiroga.

 

Cartel da actividade.

 

A actividade desenvolverase nunha viña da adega organizadora, haberá unha degustación gastronómica e todo elo estará acompañado de música en directo. Así, a data límite de inscrición é o xoves, 16 de xullo, nos teléfonos 982 43 89 51 e 982 48 00 01.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close