CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O CIM de Trives edita un “tríptico-guía” de linguaxe non sexista con motivo do 17 de maio

Esta iniciativa está contemplada no II Plan de igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes deste Concello
Portada do tríptico.

No marco do programa de actividades deseñado polo Concello da Pobra de Trives con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o vindeiro 17 de maio, o persoal técnico do CIM (Centro de Información á Muller) vén de elaborar e difundir un tríptico de recomendacións para o uso dunha linguaxe non sexista entre o persoal municipal, outras administracións, entidades e veciñanza deste municipio e da súa comarca.

“Esta iniciativa, contemplada no II Plan de igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de A Pobra de Trives, tenta ser un reflexo dos cambios sociais que se van producindo cos avances en igualdade, gañando en precisión lingüística sin esteriotipar ningún dos sexos, posto que a linguaxe é un poderoso instrumento de transformación cara á consecución última desa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en calquera sociedade democrática”, tal e como información dende o Concello da Pobra de Trives.

Este tríptico pode consultarse e descargarse na páxina web do Concello:
http://www.apobradetrives.es/images/PDF/cim/cim_guia%20linguaxe%20non%20sexista.pdf

Artigos relacionados

Back to top button