ConcellosÚltima hora

O CIM de Trives organizará o 13 de maio unha excursión a Cortegada de Baños

Imaxe da última viaxe organizada polo CIM de Trives./ Foto cedida.

Dende o Centro de Información á Muller (CIM) do Concello da Pobra de Trives estase a organizar unha excursión a Cortegada de Baños de cara ao vindeiro domingo 13 de maio. Será unha viaxe dun día e inclúe unha visita cultural por Ribadavia pola mañá e, xa durante a tarde, desfrutarán da estancia no balneario.

A saída está programada para as 9h. da mañá dende a praza do Concello e o regreso está previsto para as 9 da noite aproximadamente. O prezo desta actividade é de 34€ por persoa e nel inclúese o autobús, o xantar e o “club termal” no balneario, segundo se informa dende o CIM de Trives.

A organización tamén indica que para poder realizar esta viaxe “debe haber un grupo de 30 persoas como mínimo, e o prazo para adquirir as entradas remata o luns 7 de maio. Ditas entradas pódense coller na oficina do CIM, no segundo andar da parte nova do Concello”.

Máis información no teléfono 988 33 00 12 (Centro de Información á Muller).

 

Cartel da viaxe.

Artigos relacionados

Back to top button