ConcellosÚltima horaViana do Bolo

O CIM de Viana organiza actividades para conmemorar o Día da Muller Rural o 15 de outubro

O programa inclúe unha exposición fotográfica e campañas de recoñecemento ás mulleres vianesas

 

Co obxectivos de reivindicar e dar recoñecemento ao papel das mulleres vianesas, a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Viana do Bolo organiza, a través do Centro de Información á Muller (CIM), unha serie actividades con motivo da celebración do Día da Muller Rural o vindeiro 15 de outubro.

“As limitacións propias destos tempos complicados que estamos a vivir impidennos levar a cabo moitas actividades, pero con esta programación tratamos de visibilizar este destacado día minimizando os riscos para a poboación vianesa”, aseguran dende o CIM de Viana.

Así, entre as actividades programadas destaca a exposición fotográfica “Moitas e Diversas” onde se incluirán as fotografías presentadas ao concurso de fotografía que recentemente se convocou. Ademais das fotografías do concurso, tamén se incluirán unha selección de imaxes onde se reflicten distintas facetas e ámbitos nas que as protagonistas son as mulleres: traballos e labores, Entroido e tradicións, ocio e tempo libre, paisaxes e natureza, mulleres e dereitos, etc. “Fotografías actuais e antigas que fan un fermoso resumo da historia das mulleres de Viana e que foron cedidas por veciñas e veciños de Viana expresamente para a ocasión”, puntualizan dende Viana.

A programación, inclúe ademais unha campaña a través da RR.SS titulada “Palabra – Semente” que se leva a cabo en colaboración co proxecto de Almáciga da autora María Sánchez co o bxectivo de recoller e gardar palabras que están en desuso e que non queremos perder. “Unha gran oportunidade para compartir tempo e conversas coas nosas avoas e aprender con elas parte das nosas culturas e tradicións”.

A outra campaña proposta ten ten como obxectivo visibilizar o papel e diversidade das mulleres rurais con imaxes e eslogans que a veciñanza poderá compartir a través das súas Redes Sociais. A campaña tamén incluirá o reparto de chapas entre e a rapazada do concello.

O IES Carlos Casares de Viana do Bolo tamén participa no programa con obradoiros sobre igualdade no centro.

Artigos relacionados

Back to top button