CulturaCulturaÚltima hora

O cine comercial regresa ao Barco de Valdeorras

Campeones abre esta fin de semana a programación do mes de outubro
A concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, na presentación da programación de outubro./ Mónica G. Bellver.

Despois de cinco meses sen proxeccións, o cine comercial regresa en outubro ao Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.

A complexidade do prego para sacar a concurso a explotación do devandito cine por parte dunha empresa externa, impediu que se publicara aínda, “co cal non teriamos programación ata xaneiro”, explica a concelleira de Cultura Margarida Pizcueta. Por iso, ante “as innumerables peticións de veciñas e veciños” dende o Concello buscaban unha solución alternativa e dende este mes e ata que finalmente se adxudique, será outra empresa a que se encargue da programación.

Tal como adiantou a concelleira, en outubro comparten carteleira catro filmes do Cine Club Groucho Marx que se proxectarán os xoves, e seis comercias que se proxectarán os sábados, domingos e luns “a non ser que o venres non haxa teatro, pasando entón a sesión do luns para o venres”, explica Marga.

Con respecto aos filmes, a maioría son nacionais, abrindo a programación esta fin de semana con Campeones “que quedara descolgada no mes de abril cando tivemos que interromper as proxeccións porque nos pasabamos do marco legal”, di a concelleira, asegurando que o cine complementa a ampla oferta teatral  ata finais de ano.

 

A carteleira do mes de outubro.

Artigos relacionados

Back to top button