CulturaCulturaÚltima hora

O cine regresará ao Centro Cultural Avenida da Rúa o día 2 de outubro

O primeiro filme proxectado nesta nova tempada será "Papa no hay más que uno 2"

 

Despois dunha primavera e verán atípicos marcados pola pandemia do coronavirus, coa proxección de clásicos no Autocine instalado no Aguillón, o cine volve á gran pantalla do Centro Cultural Avenida da Rúa, cambiando os asientos dos coches polas butacas e con todas as medidas necesarias para desfrutar dos filmes de actualidade con total seguridade. O aforo estará reducido ao 20% (80 entradas por sesión).

A data para ese esperado regreso do cine comercial á Rúa será o 2 de outubro coa proxección do filme Papá no hay más que uno 2, a segunda parte da disparatada comedia familiar protagonizada por Santiago Segura e Toni Acosta, entre outros, que xa pasara pola sala ruesa.

Tal como reza na carteleira do CCA, entre os títulos previstos para esta tempada están La boda de Rosa de Icíar Bollaín, Súper Agente Makey con Leo Harlem e Zapatos Rojos y los siete trolls (cine de animación).

 

Artigos relacionados

Back to top button