CulturaCulturaÚltima hora

O Cineclube Padre Feijoo trae este luns o documental “Of the North”

Fotograma do documental.

O Cineclube Padre Feijóo trae para o seu “Luns de Filmoteca” CGAI-Filmoteca de Galicia un documental do canadense Dominic Gagnon. “Of The North” céntrase nas comunidades “inuits” .

Unha peza que está feita a través dunha compilación de vídeos que algúns membros das comunidades do norte de Canadá difundían nas redes sociais. O materia, unha vez seleccionado e montado, tivo unha chea de polémicas posteriores contrarias ao documental. Dende a petición da súa retirada de festivais e museos e algún intento de agresión tamén.

Luns de Filmoteca do CGAI-Filmoteca de Galicia, presenta outro documental do canadense Dominic Gagnon. esta vez centrado nas comunidades inuits.

Cando o director recompilou das redes sociais os vídeos que algúns membros das comunidades do norte do seu país, difundían, atopouse un material que unha vez seleccionado e montado, non prevía que suscitaría todas as polémicas posteriores contrarias a devandita obra documental: peticións de retirada de festivais e museos, incluídas, e algún intento de agresión tamén.

O documental exhibirase na Biblioteca Pública de Ourense en dous pases (20:30 e 23:00 horas) e o custo da entrada é de 2 euros para os asociados e 2,50 euros para o público xeral.

 

Artigos relacionados

Back to top button