ConcellosÚltima hora

O Circuíto Cinemas de Galicia, en marcha

Terá unha fase inicial de implantación en catro concellos, entre eles está o do Carballiño
Presentación do Circuíto de exhibición audiovisual ‘Cinemas de Galicia’.
Presentación do Circuíto de exhibición audiovisual ‘Cinemas de Galicia’.

Achegar o cine a aquelas localidades que non dispoñen de salas comerciais e de incrementar as posibilidades de distribución dos filmes galegos. Esta é a dobre finalidade coa nace o circuíto Cinemas de Galicia, unha nova rede municipal de espazos de exhibición cinematográfica promovida pola Consellería de Cultura e Educación.

O proxecto arranca cunha fase inicial de implantación en catro concellos, un por cada provincia. O Carballiño. As Pontes de García Rodríguez, Foz e Sanxenxo son os titulares dos cinco espazos que acollerán a programación inaugural da rede e a través dos que se achegan 1.232 novas butacas para o audiovisual galego: Casa do Peso e Cine Alovi nas Pontes, Salón de Actos do Cenima de Foz, Auditorio Municipal do Carballiño e Pazo Emilia Pardo Bazán en Sanxenxo. A entrada para as proxeccións de Cinemas de Galicia terán un prezo único de 3 euros.

Nesta fase inicial, os programadores dos espazos municipais adscritos elaborarán unha primeira carteleira bimestral a partir dun catálogo de 18 películas, 11 delas fitas galegas estreadas desde xullo de 2013

En palabras do titular de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, a partir desta primeira experiencia, que se desenvolverá entre os meses de novembro e decembro, o circuíto “está chamado a medrar en número de socios municipais, a incrementar a cifra de público galego para os produtos audiovisuais e a ampliar a oferta cultural e de ocio en Galicia”.

Artigos relacionados

Back to top button