DeportesÚltima hora

O circuíto popular “Correndo por Ourense” propón seis carreiras polos barrios da cidade

A primeira proba será o 22 de abril a partires das 12h. no Vinteún
Presentación do circuíto no Concello de Ourense.

Co dobre obxectivo de fomentar a práctica do deporte entre a veciñanza e achegar o deporte ás rúas e aos barrios da Ourense,o circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” inicia a súa VIII edición con 6 carreiras.

A primeira cita será o 22 de abril no barrios do Vinteún, completando o programa deste ano coas carreiras polo Couto (o 26 de maio), polo Centro da cidade (o 24 de xuño), pola Universidade (o 9 de setembro), pola Ponte (o 30 de setembro) e pola Carballeira (o 21 de outubro). Todas serán os domingos, ás 12 da mañá, coa única excepción da carreira do Couto, que será ás 22h. e abranguerán as categorías benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, xúnior, promesa, sénior e máster.

 

Participantes na pasada carreira do Vinteún do ano pasado./Foto: Consello Municipal de Deportes de Ourense.

 

O circuíto está organizado polo Consello Municipal de Deportes e o Concello de Ourense coa colaboración de Colexio Divino Maestro, Club Esprintes Ourense, delegación ourensá de atletismo, clube deportivo Aurum, Clube Ourense Atletismo e Asociación de Veciños Carlasca, integrantes do comité técnico.

As persoas interesadas poden realizar xa inscrición a través da páxina web www.championchipnorte.com, a un prezo de 7 euros para as categorías junior, promesa, sénior e máster, sendo gratuíta para as demáis categorías.

Artigos relacionados

Back to top button