OurenseÚltima hora

O Círculo de Empresarios de Galicia visita as instalacións de Adolfo Domínguez en Ourense

Manuel Baltar, Patricia García e Adriana Domínguez.

 

Directivos do Círculo de Empresarios de Galicia acompañados polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitaban na mañá do 21 de outubro a empresa Adolfo Domínguez, situada no polígono de San Cibrao das Viñas.

No percorrido polas instalacións desta compañía téxtil, o presidente do goberno provincial, xunto coa presidenta do Círculo, Patricia García, e os demais representantes desta organización empresarial, estiveron acompañados por Adriana Domínguez, conselleira delegada do grupo Adolfo Domínguez.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close