EconomíaEconomíaÚltima hora

O Círculo de Xóvenes Empresarios de Ourense reúne con Baltar

Durante o encontro na Deputación analízaronse temas de emprendemento e de emprego na provincia
O presidente Deputación de Ourense con representantes do Círculo de Xóvenes Empresarios de Ourense.
O presidente Deputación de Ourense con representantes do Círculo de Xóvenes Empresarios de Ourense.

As liñas de colaboración que se establecerán en 2015 entre o Inorde e o Círculo de Xóvenes Empresarios de Ourense para axudar ao desenvolvemento de actividades deste colectivo empresarial era un dos asuntos abordados na reunión mantida o 4 de setembro no Pazo Provincial. Nela participaban o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o presidente e o vicepresidente desta entidade empresarial, Lois Babarro Alén e Diego Novelle.

Asemade na xuntanza tamén se trataron outros eidos de colaboración entre o organismo provincial e esta asociación a través do Observatorio Económico Ourensán, ofrecemento que tamén estendeu o presidente provincial ao Plan Termal e as accións relacionadas co cooperativismo e o autoemprego no medio rural que, dentro do Plan “Transforma Ourense”, desenvolve a Deputación de Ourense.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button