Galerías de fotosÚltima hora

O civismo do pensador verinés Eloy Luis André, analizado por Xosé Ramón García

A súa era a primeira das ponencias do ciclo adicado a este erudito pola Biblioteca Municipal de Verín

A Biblioteca Municipal de Verín segue debullando a figura do erudito Eloy Luis André, natural desta vila. Tras a inauguración dunha mostra e a presentación dun libro monográfico sobre este autor, na tarde do 8 de xuño dábase paso a un ciclo de conferencias centradas tamén na súa figura.

A primeira delas viña da man do psicólogo coruñés Xosé Ramón García Soto, cunha ponencia titulada “Eloy Luis André: O civismo como paixón”. A seguinte intervención correrá a cargo de Alberte Blanco Casal o vindeiro 21 de xuño ás 19:30h. e o ciclo completarase coa conferencia de Carlos Thiébaut (neto de Luis André) o 22 de xuño, tamén ás 19:30h.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button