CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O clásico de pretempada CD Barco-SD Ponferradina disputarase o 8 de setembro en Calabagueiros

Será o último test de nivel para os de Javi Rey que comezarán a liga o 12 de setembro, en casa ante o Silva

Amigable entre o Barco e a Ponferradina en agosto de 2019, antes da pandemia. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Como toda unha tradición deportiva, cada verán os veciños da SD Ponferradina achéganse ata O Barco de Valdeorras para disputar un partido amigable durante a pretempada. O ano pasado por culpa da pandemia non pudeo ser, pero este ano os bercianos de Segunda División Nacional non faltarán á cita, algo polo que a directica do CD Barco lles dá as grazas.

“Pola dispoñibilidade ano tras ano de visitarnos no noso estadio e dar o gusto de acercar un pouco máis o fútbol profesional aos nosos afeccionados, máis aínda este ano, que empeza a liga como flamante líder”, reza a carta que a directiva barquense lle remitía á ponferradina, con José Fernández á fronte. “Esperamos estar á altura, tanto por parte da directiva, coma do corpo técnico, xogadores e afección”, conclúen.

O partido, o último para o CD Barco antes de iniciar a liga en Terceira o 12 de setembro ante o Silva, será o mércores 8 de setembro ás 19:30 horas no campo de Calabagueiros. O prezo da entrada será de 5 euros para socios e de 10 para non socios.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button