DeportesÚltima hora

O Club Adas colleita 13 medallas no galego Sub10 e Sub12 de atletismo en Noia

 

De “impresionante” cualifica o Club Adas do Barco a actuación dos seus atletas no Campionato de Galicia Sub10 e Sub12 que se celebraba a pasada fin de semana en Noia. “Nin a choiva, nin as dificultades para organizar unha viaxe nunha situación pandémica como a que nos atopamos, puideron coas ilusións dos nenos”, destacan dende esta entidade deportiva.

En total o Club Adas sumaba nesta cita autonómica 13 metais.

Os resultados foron os seguintes

SUB12 Masculino

Andrés Álvarez, PRATA en lonxitude con 4,19 e 8 en 60.
José Hervella, PRATA en 1000 , con 3’15
Yago García, 11 en altura.
Xoel Pungín, 6 en lonxitude.
Iván Villarino, OURO en peso con 9,99
Aitor García, BRONCE en pelota e 12 en peso.
Mateo Valcarce, PRATA en 2 km. Marcha con 12’15.

SUB 12 Feminino

Isabel Delgado, OURO en pelota e 8 en lonxitude.
Paula Cela, 4 en 2 km. Marcha
Aitana Almarza, 7 en lonxitude e 15 en 60
Noa Novoas, 5 na súa serie de 500
Aitana López, 4 en altura con 1,14
Tania Peláez, 11 en lonxitude
Vera Rodríguez, 4 en pelota
Elena Delgado, 9 en pelota.

SUB 10 Masculina

Álvaro Catarino, OURO en 50 M. L. e OURO en altura. Con novo récord galego, 1,20
Roi Acevedo, OURO en lonxitude con 3,58 e 12 en 1000.
Lucas García, BRONCE en lonxitude e 6 en 50 m. l
Pablo Lopez, PRATA en pelota, con 24,72.
Martin Rodriguez , 4 en peso.
David garcia, 6 en altura e 6 en lonxitude
Antón Prieto, 5 en 500 e 9 en 50 m. l.
Kevin Giménez, 15 en 1000.

SUB10 feminino

Deva Posada, OURO en pelota con 16,33 e BRONCE en peso, con 6,54
Valentina Vermeersch, 6 en altura e 15 en 500 e
Aitana Pérez, 6 en peso e 5 en pelota.

Dende o Club Adas amósase o agradecemento a “todos os familiares que fixeron posible o desprazamento e, en especial, aos monitores das escolas, de Trives, O Barco, A Rúa e Viana, que día a día contribúen co seu traballo a que nosos nenos e nenas conxuguen , xogo, aprendizaxe e tamén diversión”.

Fotos: Club Adas.

Artigos relacionados

Back to top button