DeportesÚltima hora

O Club Adas do Barco, entre os participantes na San Martiño de Ourense

Os atletas do Adas, ao remate da San Martiño./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Esta é xa unha cita clásica no calendario de outono do Adas. Varios atletas de diferentes categorías deste club barquense tomaban a saída na tradicional Carreira do San Martiño en Ourense, que este domingo 18 de novembro celebraba a súa edición número cuarenta e dúas desta clásica con máis de 11.000 inscritos.

A proba, organizada polo Consello Municipal de Deportes de Ourense e Federación Galega de Atletismo, saía ás 11:00 horas dende a Ponte do Milenio e cubría unha distancia homologada de 10 km.

Artigos relacionados

Back to top button