DeportesÚltima hora

O Club Adas do Barco, na asemblea da Real Federación Española de Atletismo

Mesa electoral instalada no Barco nas votacións para elixir aos membros da RFEA.

 

O 22 de outubro tiñan lugar as votacións correspondentes a elección dos/as membros da Asemblea Xeeral da Real Federacion Española de Atletismo (RFEA). A votación, realizada nas 36 mesas electorais repartidas por todo o Estado (unha delas no Barco), permitiu coñecer os nomes dos 65 clubs, 39 atletas, 22 adestradores,10 xuíces, 3 organizadores e un representante de atletas.

Os representantes elixidos xunto cos 19 presidentes de Federacións Autonómicas (incluídas Ceuta e Melilla) e o presidente da RFEA compoñerán a próxima asemblea xeral, cun total 160 membros que elixirán ao futuro presidente/a da Real Federación Española de Atletismo o vindeiro día 28 de novembro.

En Galicia celebrábanse eleccións tanto para as candidaturas estatais como para as autonómicas quedando configurada esa presenza galega, da seguinte maneira, tal e como informa a Federación Galega de Atletismo:

  • Estamento de clubs: ADAS Proinor, Atletismo Narón e o Club Atletismo Coruña Comarca.
  • Estamentos de atletas: Eugenia Gil e Pedro Juncal
  • Estamento de adestradores: Santiago Ferrer 
  • Estamento de xuíces: Guillermo Sandino 
  • Estamento de clubs de alto nivel: Sociedad Gimnástica de Pontevedra 

 

Artigos relacionados

Back to top button