DeportesÚltima hora

O Club Adas, entre os mellores de España no campo a través

 

Cun equipo absoluto masculino e outro feminino, o Club Adas do Barco participaba nesta fin de semana no Campionato Nacional de campo a través por equipos, que se celebraba na localidade hispalense de Santiponce.

O conxunto masculino valdeorrés lograba situarse no posto 17 por equipos, entre os máis de 50 equipos participantes. “O Adas masculino volveu estar outra vez entre os mellores de España, un equipo formado por Ivan Roade, Alejo Ares, Alex Galisteo, Akka Essadaaoui, Jonathan Díaz, e Juan Miguel Maillo, que entrarían por esta orde a meta”, tal e como destacan deste o club.

 

En canto ao equipo feminino absoluto, lograban un meritorio 23 posto entre os mais 40 clubs participantes. O equipo estaba integrado por Raquel Mirou, Loreto Pacho, Iria Fernández, Antía Rodríguez e Elena Ledo. “Excelente tamén o seu resultado”, resaltan dende o Adas.

Fotos: Club Adas.

 

Artigos relacionados

Back to top button