Última hora

O Club Adas feminino poderá loitar polo ascenso á 1ª División de atletismo

 

A Real Federación Española de Atletismo (RFEA) vén de facer público este venres o nome dos equipos clasificados por estadillo para tomar parte no Campionato de España de Clubs de Segunda División. Na relación, dentro da categoría feminina, figura o Club Adas Proinor do Barco.

Tamén se inclúen na listaxe os conxuntos do Club Atletismo Narón e o Club Atletismo Santiago na categoría masculina.

Deste xeito, estes tres equipos galegos poderán loitar por unha das dúas prazas que dan o ascenso á primeira división o vindeiro día 13 de xuño.

 

Fonte: Federación Galega de Atletismo.

Artigos relacionados

Back to top button