OurenseÚltima hora

O Club Alpino Ourensán celebrará o seu 50 aniversario cunha xuntanza no refuxio de Manzaneda

Foto: Club Alpino Ourensán.

 

O vindeiro luns 22 de marzo o Club Alpino Ourensán cumpre 50 anos. Esta agrupación de montañeiras e montañeiros continúa desenvolvendo as súas actividades (montaña, escalada, espeleoloxía, sendeirismo) coa mesma filosofía coa que se fundou hai medio século e entre os eventos programados para celebrar o cincuentenario, necesariamente limitados polas restricións sanitarias, está prevista unha retrospectiva fotográfica destes 50 anos de actividades e unha xuntanza de socios no histórico refuxio do club en Manzaneda.

 

Artigos relacionados

Back to top button