DeportesEn portadaÚltima hora

O Club Arcobarco, campión galego por equipos en arco composto

Os representantes barquenses subían ao alto do podio no campionato de sala celebrado en Valdoviño
De vermello, o equipo barquense, campión galego en arco recurvo. /Foto: Club Arco Barco.

Santos Murias, José Manuel Fernández e Luís Domínguez, membros do Club Arcobarco, subían ao alto do podio no campionato galego de equipos de clubs de sala 2017 celebrado o 12 de marzo pavillón O Longoiro de Valdoviño (A Coruña).

Segundo a clasificación da Federación Galega de Tiro con Arco, o equipo barquense lograba un total de 452 puntos en arco composto, proclamándose campión galego da modalidade. O club Family Team foi segundo e Arco Muralla terceiro.

 

Artigos relacionados

Back to top button