DeportesÚltima hora

O Club Athlos de Ourense faise con 2 pratas no campionato de España de bádminton

Martín Barbado e Sergio Vidal proclamáronse subcampións na modalidade de dobres masculino

O bánminton ourensán está de noraboa. O Club Polideportivo Athlos vén de conseguir dúas pratas na categoría sub 17 no campionato de España de Bádminton celebrado entre o 26 e o 28 de maio en Xátiva (Valencia), da man de dous dos seus xogadores.

Tras una “excelente competición”, en palabras do club, Martín Barbado e Sergio Vidal proclamábanse subcampións na modalidade de dobres masculino, completando “unha gran tempada tras ser campións galegos na mesma modalidade e facer podio en todos os másters nacionais sub 17 disputados, accedendo ao campionato de España como número 2 no ránking nacional”, explican dende o Athlos.

A nivel individual, Martín Barbado e Antonio Iglesias caían en oitavos de final, igual que Antonio e Samuel Varela en dobres.

Con estos resultados, dende o club ourensán fan unha valoración “positiva da tempada”, na que suman 6 medallas en campionatos de España “a falta do Sub 13 que se celebra en Granada do 2 al 4 de xuño, coa representación de Martín Iglesias”, adiantan.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button