DeportesÚltima hora

O Club Atletismo Rúa decide suspender o Gran Premio de Montaña e Andaina

"Cremos que é a decisión mais correcta nos tempos que vivimos co Covid e cremos nesta decisión pola saúde nosa e vosa”, explican dende a entidade

Imaxe dunha edición anterior desta proba./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

“Hoxe é un día triste para toda a familia que forma Gran Premio de Montaña e Andaina da Rúa, hoxe decidimos suspender o evento este ano 2020”. Deste xeito anunciaba o Club Atletismo Rúa a suspensión do mesmo, previsto para o mes de outubro, en concreto para o día 4.

“Despois de meditalo, estudalo e falalo entre nós coas institucións pertinentes chegamos á conclusión de non celebrala. Cremos que é a decisión mais correcta nos tempos que vivimos co Covid e cremos nesta decisión pola saúde nosa e vosa”, explican nun comunicado.

Tamén sinalan que “as inscricións serán devoltas integramente nos próximos días” e amosan publicamente o seu agradecemento a “todos os que tiñades a intención de vir e, sobre todo, ás empresas Galitiming Cronometraxe / Gasosas Roca / Daveiga – Galletas Mariñeiras / Eroski / Foot on Mars / Oxypro Nutrition / Ambulancias Sil / Gadis, así como as entidades Ruta do Viño Valdeorras / Protección Civil A Rúa, que a pesar de todo estarían ese día connosco”.

Ademais, nos próximos días o Club Atletismo Rúa ten previsto publicar nas redes sociais os tracks oficiais para que os deportistas poidan desfrutalos. Tamén anuncian que en breve poñerán data a edición do 2021, que confían poder organizar.

Artigos relacionados

Back to top button