DeportesÚltima hora

O Club Ciclista Valdeorras confirma a XXI edición da súa Volta para o 12 de xuño

Participantes na última edición da Volta ao seu paso polo Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dous anos despois da última edición (a do 2020 e a do 2021 non se celebraban por culpa da pandemia), a Volta a Valdeorras regresa neste 2022 ao calendario ciclista da comarca.

Así o aseguran dende a Peña Ciclista Valdeorras Bike (CC Valdeorras), anunciando que a XXI edición que quedara en suspenso no 2020 celebrarase, se non hai nada que o impida, o 12 de xuño.

De momento non trascenderon máis datos, salvo que haberá dous niveis de dificultade para “dous percorridos nun entorno espectacular”.

 

Artigos relacionados

Back to top button