CulturaCulturaÚltima hora

O Club de Montaña Trives celebra o 25 de aniversario

Nesta celebración, prevista para o vindeiro 13 de outubro, compartirá un gran cocido
Membros da directiva do Club Montaña Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

Dende sendeirismo, esquí e montañismo, ata xornadas adicadas ao mundo dos cogomelos ou actividades multiaventura. Son moitas as propostas que vén organizando ao longo da súa traxectoria como entidade o Club Montaña Trives, que agora cumpre un cuarto de século. Un aniversario que celebrará o vindeiro 13 de outubro compartindo un gran cocido.

Así esta celebración comezarña ás 21h.no Centro Cívico do Colexio Santa Leonor. Incluirá sopa, cocido, sobremesa e bebida. As entradas, cun prezo de 15 euros, poderán mercarse no Café Bar Manolos, Sky e Cervexería Boliche. A festa continuará ata altas horas da madrugada ao ritmo do grupo Los Camachuelos.

 

Cartel da celebración.

Artigos relacionados

Back to top button