DeportesPiraguismoÚltima hora

O club de piragüismo Fluvial Allariz reparte mascarillas aos seus membros

A dotación forma parte dunha serie de medidas contra o Covid-19

Catro deportistas do club coas mascarillas oficiais. / Foto: cedida.

 

Todos os deportistas e adestradores do club de piragüismo Fluvial Allariz recibiron unha mascarilla sanitaria deseñada coas cores oficiais, realizadas por unha empresa galega baixo a Norma UNE0064-2 e con certificación de AITEX. O reparto enmárcase nunha serie de medidas contra o Covid-19 coas que o club pretende dar unha maior protección aos seus membros.

Ata agora, o Fluvial Allariz adquiriu unha hidro-lavadora, un pulverizador a presión, un xerador de ozono, unha pulidora para aplicar mellor os produtos de limpeza así como diversas sustancias hixiénico-sanitarias biodegradables aptas para maiores de 3 anos (algunhas delas doadas pola Federación Galega de Piragüismo). O club tamén está estudando a compra de dispositivos portátiles para hixienizar os automóbiles particulares que utilizan os deportistas para asistir a competicións e adestramentos.

A adquisición do material sanitario realízase con fondos que previamente estaban destinados a mercar material de competición. Non obstante, dende o Fluvial Allariz destacan que isto “supón un gran desembolso económico que a diretiva decidiu afrontar”. Tamén afirman que a compra estase a facer con proveedores galegos “xa que o club está comprometido de forma activa co comercio local e de proximidade”.

Artigos relacionados

Back to top button