CD ArenteiroDeportesFútbolÚltima hora

O Club Deportivo Arenteiro, campión da Terceira División

Xogadores, corpo técnico e directiva do club de fútbol do Carballiño eran recibidos polo presidente da Deputación de Ourense

Recepción ao CD Arenteiro no Pazo Provincial de Ourense.

 

Tras conseguir dúas semanas antes o ascenso á segunda B, na tarde deste domingo 9 de maio o Club Deportivo Arenteiro pechaba unha tempada histórica proclamándose flamante campión de terceira división ao derrotar 1-0 ao Bergan no duelo polo título en Espiñedo.

Para felicitalos por tan alto logro, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibía hoxe no Pazo provincial aos xogadores, corpo técnico e directiva do club de fútbol do Carballiño.

Baltar, acompañado polo asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, puxo de relevo que o acto de hoxe “era o mellor momento para abrir de novo as portas do salón provincial de plenos, logo de meses pechado”, felicitando aos xogadores porque “ en circunstancias como estas destes o mellor de vós, como tamén os afeccionados que sempre estiveron aí, e agora representades á elite do fútbol ourensán”.

Pola súa banda, o presidente do club, Argimiro Marnotes, encomiou “o gran traballo feito durante todo o ano nun gran proxecto deportivo, no que ademais contamos co recoñecemento da Deputación e o seu apoio para as novas melloras no estadio”.

 

Artigos relacionados

Back to top button