DeportesÚltima hora

O Club Deportivo Arenteiro celebra o 60 aniversario

Os actos conmemorativos terán lugar o 28 de abril e inclúen a estrea do himno interpretado polo Orfeón do Carballiño
Presentación dos actos de conmemoración dos 60 anos do C.D. Arenteiro.

Non todos os días se cumpren 60 anos, por iso o C.D. Arenteiro quere celebrar por todo o alto o aniversario da creación do club, cunha series de actividades previstas para o sábado 28 de abril.

Ese día inaugurarase no Concello unha exposición de fotografías e de material histórico do Arenteiro, que consta de oito paneis. A mostra permanecerá ata o 4 de maio e a partir desa data colocarase de forma permanente no túnel da entrada do campo de Espiñedo. Ás 13h. desenvolverase no salón de plenos un acto institucional ao que están invitados todos os afeccionados que queiran asistir, ademáis de autoridades, xogadores e directivos no que se estrenará o Himno do 60 aniversario de C.D. Arenteiro, con letra de Emilio Rodríguez e música de Cristian Casas, interpretado polo Orfeón do Carballiño. Unha hora máis tarde terá lugar un xantar de confraternidade no restauraunte A Fuchela, e xa pola tarde, ás 16:30 h., a TVG retransmitirá integramente dende o estadio de Espiñedo, o encontro correspondente á xornada 35ª, entre C.D. Arenteiro e C.D. Boiro. Neste partido, o equipo local lucirá unha camiseta conmemorativa do aniversario, que foi deseñada cunha clara evocación á camiseta dos primeiros anos de C.D. Arenteiro, o que se percibe, sobre todo, no escudo.

 

O C.D. Arenteiro editou un díptico para difudir a programación.

 

A presentación do programa tiña lugar na mañá do 19 de abril no Concello do Carballiño e alí, o alcalde Francisco Fumega asegurou que “a historia do Arenteiro é a historia do Carballiño; unha época na que se viviu intensamente as cores, o sentimento do pobo e levar o nome do Carballiño por toda Galicia”, expresando os seus parabéns ao club. O presidente do club Xan Fernández Pinal, pola súa banda, referiuse a esta efeméride como “unha oportunidade de facer memoria do Carballiño dos últimos sesenta anos”, destacando do programa previsto, a exposición na que se recollen episodios, tanto alegres como algúns tristes, de sesenta anos de andaina, convidando a todos os afeccionados e veciños a participar na celebración.

Para difundir o programa de actos, o C.D. Arenteiro editou un díptico no que se resume a historia do club e se reproducen os nomes dos vintedous presidentes e trinta e cinco adestradores que tivo a entidade nestes sesenta anos.

Artigos relacionados

Back to top button