DeportesPiraguismoÚltima hora

O Club Fluvial Allariz presenta o seu equipo para a tempada 2021

Foto oficial do equipo do Fluvial Allariz para a tempada de competición 2021./ Cedida.

 

O Club Fluvial Allariz vén de realizar a presentación oficial do seu equipo de competición para a tempada 2021. Dentro del destacan tres categorías. Unha delas é o equipo sénior, co seu adestrador José Manuel, que, despois de conseguir o ascenso na tempada pasada, este ano militará na 1ª división do piragüismo galego, onde tentará manter a categoría.

Ademais está o equipo de novas promesas, que o ano pasado obtivo un meritorio 10º lugar na liga infantil feminina, e que este ano vén de ser reforzado na categoría masculina. Os seus tres adestradores son Pablo, Javi e Marcos.

Finalmente, o club conta coa escola de piragüismo do club, que segue funcionando todo o ano cos seus dous monitores Borja e Diego. O ano pasado os seus padexeiro facíanse co 7º posto no campionato autonómico. “Segue sendo ano tras ano una das mellores escolas de piragüismo de Galicia”, tal e como destacan dende o Fluvial Allariz.

Así mesmo o club indica que de cara á tempada 2021 “cóbrense todas as categorías de competición, pre- benxamín, benxamín, alevín, novas promesas e sénior, tanto en categoría masculina como feminina; esperando que os resultados finais sexan igual de proveitosos para o club que a tempada pasada, e seguir sendo un referente como escola deportiva de piragüismo a nivel galego”.

Artigos relacionados

Back to top button