OurenseÚltima hora

O Club Fluvial de Avión asóciase ao Club Náutico Castrelo de Miño

O club de piragüismo, que suma 42 fichas, era presentado na mañá do 4 de decembro

Un total de 42 fichas -17 mulleres e 25 homes- e 22 nenas e 32 nenos na escola deportiva que tivo ligar nos meses de xullo e agosto, forman parte do Club Fluvial Avión que se presentaba oficialmente na mañá do 4 de decembro no Club Náutico de Castrelo de Miño.

Ao acto, asistía a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, quen augurou “moitos éxitos” ao club que ganou a liga galega máster feminina. “Animámosvos a traballar na promoción da participación feminina e na transmisión de conceptos como a tolerancia, o esforzo e o traballo en equipo”, apuntou, salientando a iniciativa do club que inclúe deportistas asociándose ao Club Náutico Castrelo de Miño. Deste xeito, o club de Avión poderá desenvolver a súa actividade deportiva nunhas instalacións máis axeitadas. “O crecemento e a mellora no deporte radica na colaboración e na asociación entre todos os axentes do tecido”, dixo.

Artigos relacionados

Back to top button