DeportesÚltima hora

O Club Jabalíes Valdeorras propón unha marcha solidaria nocturna pola Rúa

A ruta de San Lorenzo será mañá, 14 de agosto, con saída na praza o Concello ás 22h.
O presidente do Club Jabalíes Valdeorras durante unha ruta pola Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella.

Un mes despois da VIII Ruta Jabalíes-Memorial Rosiña que reunía na Rúa a preto de 300 persoas (entre ciclistas e andarines), o club de BBT ultima a súa tradicional quedada nocturna.

Mañá, mércores 14 de agosto, ás 22h. saíra da praza do Concello da Rúa a Ruta Solidaria Nocturna de San Lorenzo, coa posibilidade de doar alimentos para Cáritas. É obrigatorio o uso de luces e casco.

A marcha está organizada polo Club Jabalíes Valdeorras en colaboración co Concello da Rúa e haberá cea posterior (previa reserva) nas Piscinas.

Artigos relacionados

Back to top button