DeportesÚltima hora

O Club Montaña Trives asina un convenio coa Estación de Montaña de Manzaneda

 

Descontos nos bonos de acceso a piscina e spa, descontos no aluguer de material e prezos reducidos nos fortait tanto de esquí como de Btt. Son algunhas das vantaxes das que gozarán nesta tempada 2019/2020 os socios do Club Montaña Trives na Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda.

Isto será posible grazas ao convenio de colaboración asinado o 23 de decembro entre o presidente desta entidade, Luis Berardo Araújo Rodríguez, e o xerente da estación de montaña, Gustavo Samartín. Ademais dos beneficios xa citados, inclúense outros como un 10% de descontos en tratamentos de beleza e tamén descontos en aloxamento e restauración cando o club realice actividades na estación, segundo informa o club trivés.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button