DeportesÚltima hora

O Club Montaña Trives organiza unha nova andaina

Terá lugar na mañá do 4 de abril e partirá ás 9:30h. dende a praza do Pilón da vila

Cartaz da andaina do Club Montaña Trives.
Cartaz da andaina do Club Montaña Trives.

Trives, San Mamede, Guístolas, Ponte Navea, Os Sequeiros e, de novo, Trives. Este será o percorrido que realizarán as persoas que tomen a saída na andaina que o Club Montaña Trives organizará o vindeiro 4 de abril, Sábado Santo. Será un traxecto duns 15,5 km (de dificultade moderada) e para o que se recomenda levar un bo calzado e bastóns.

A saída está prevista para as 9:30h. dende a praza do Pilón. As persoas interesadas poderán inscribirse na oficina de turismo ou a través do correo: club.montana.trives@gmail.es. A inscrición é de balde para os socios e para os non socios custará 2 euros.

Artigos relacionados

Back to top button