Sen categorizar

O Club Montaña Trives promove unha ruta en BTT seguindo o Camiño de Santiago

Está prevista para o mes de xuño e farase nunha soa xornada, partindo de Sarria ata Compostela nun traxecto de 120 km

Dende o Club Montaña Trives prepárase unha nova actividade ligada a súa recén estreada sección de BTT. Realizarán unha ruta en bicicleta de montaña polo Camiño de Santiago, partindo dende Sarria (Lugo). Será a primeiros de xuño, pero a data aínda non está concretada, se ben barállanse dous días: o 5 ou o 8 de xuño. Isto decidirase “en función do día que teña máis anotados”, adiantan dende a organización.

O punto de partida da ruta será a estación de tren de Sarria ás 7:30h. da mañá. Ata alí haberá transporte dende Trives (con saída ás 6h. dende a praza do Reloxo). O traxecto en BTT será dun total de 120 km ata Compostela, cun desnivel de 2.400 m., e a hora estimada da chegada a Santiago será a das sete da tarde, logo voltarase a Trives. “Disporase de transporte en coches e os participantes poderán unirse á ruta no km que desexen”, aseguran dende a organización.

As persoas interesadas poderán realizar a súa inscrición ata o 31 de maio. O prezo da mesma é de 22 euros, incluíndo o transporte, avituallamento e xantar en Melide. As inscricións poderán realizarse no correo club.montana.trives@gmail.com.

Artigos relacionados

Back to top button