DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Club Natación Escualos prepara a tempada

Os adestramentos teñen lugar no centro acuático AQA co que veñen de asinar un acordo

O 27 de setembro, o Club Natación Escualos de Ourense dábase a coñecer coa I Travesía Encoro dos Peares e, quince días despois (o 13 de outubro pola tarde), comezaba de forma oficial os adestramentos co obxectivo de facer un equipo de natación máster para competir esta tempada.

Ao primeiro adestramento, que tiña lugar no centro deportivo acuático AQA Ourense Universitaria, acudían 8 nadadores dispostos a seguir as ordes do adestrador, Hugo Nogueira Pinto “un deportista con máis de 30 anos de experiencia na piscina e máis de 15 como profesor de natación”, explican dende o club ourensán.

Antes de comezar o adestramento, a directiva asinaba un acordo coa direción de AQA que permitirá ao club adestrar nas suas instalacións e “aforrará aos socios o pago da matrícula para a tempada”, engade Fernando Troncoso dende o CN Escualos.

Artigos relacionados

Back to top button