DeportesÚltima hora

O Club Natación Valdeorras anuncia a suspensión da V Travesía a Valdeorras

Imaxe da pasada edición da Travesía a Nado de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A través das redes sociais o Club Natación Valdeorras vén de anunciar que este ano non se celebrará a V Travesía a Nado de Valdeorras, inicialmente prevista para o vindeiro 7 de setembro en Vilamartín e que figura incluída no calendario do Circuíto Galego de Augas Abertas.

“Por razóns que non veñen ao caso este ano resúltanos imposible dedicarlle o tempo necesario para poder garantir a calidade da proba e vémonos obrigados a suspender a edición do 2019″, explican dende esta entidade deportiva.

Ademais na nota publicada piden desculpas aos nadadores “polos posibles trastornos que isto vos poida ocasionar e esperamos contar con todos vós en próximas edicións”.

Artigos relacionados

Back to top button