DeportesÚltima hora

O Club O Trisquel de Trevinca colocará neste Nadal o belén na cima de Galicia

Organizará unha excursión, con saída dende Vilanova (A Veiga), o 18 de decembro para instalar o nacemento en Pena Trevinca

bel2

Deporte, montaña e tradición de Nadal mestúranse na actividade que o Club de Montaña “O Trisquel de Trevinca” organizará o vindeiro domingo 18 de decembro. Trátase dunha excursión a Pena Trevinca para instalar neste Nadal “O Belén da Cima de Galicia”.

A saída da camiñata está prevista para ás nove da mañá dende o pobo de Vilanova (A Veiga). “Convídase a todos os que queiran participar nesta actividade. É condición indispensable estar en posesión da licenza federativa do ano en curso ou solicitar no teléfono de contacto o seguro individual de accidentes”, explican dende o club organizador.

O prazo para poder inscribirse rematará ás 20:00h. do mércores día 15 de decembro. O teléfono de contacto para a inscrición é o 689 53 66 01.

Foto: Club O Trisquel de Trevinca.

Artigos relacionados

Back to top button