DeportesÚltima hora

O Club Ourense Baloncesto regresa á ACB

O conxunto ourensán lograba o ascenso trala vitoria ante Breográn no último partido da final dos play off

Na noite do 2 de xuño, nun Paco Paz abarrotado de seguidores no que non collía un alfinete, o Club Ourense Baloncesto lograba o ascenso á liga ACB, o terceiro da súa historia. Foi ante o Breogán de Lugo nunha serie final a cinco partidos, nos que os ourensáns lograron recuperar o factor cancha e darlle á afección a vitoria por un contundente 91-65.

O adestrador, Gonzalo de Vitoria, escribía así o seu nome no libro histórico do COB ao devolver ao equipo por terceira vez á máxima categoría do baloncesto nacional.

E para felicitalos polo ascenso acadado “á elite do baloncesto europeo”, ao día seguinte do vitorioso encontro, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibía no Pazo Provincial aos xogadores, corpo técnico e directivos do club. Durante a reunión, Baltar asegurou que “para que este éxito continúe e vexamos un Pazo dos Deportes con sete mil persoas gritando xuntos a palabra Ourense temos que demostralo con feitos” e neste senso, comprometeuse a que a “Deputación de Ourense incremente ata o 50% o desembolso económico que requerirá o club, pero contando igualmente tamén co apoio do Concello de Ourense”.

Fotos: Belay

Artigos relacionados

Back to top button