Dúas tripletas do Club Petanca Valdeorras participaban, na xornada deste domingo 20 de marzo, no Torneo de inauguración das pistas municipais do Concello de Negreira zona sur (A Coruña).
Á parte do torneo das Festas do Cristo que organizan no Chao (O Barco), o club valdeorrés participa en varios campionatos. O de Negreira, disputado no campo ubicado no Polígono Industrial de Covas, estendeuse dende as 10 ata as 19 horas aproximadamente, incluíndo o xantar, desfrutando dunha entretida xornada de petanca.
Ademais a tripleta B do club valdeorrés, formada por Gabriel Álvarez, Bienvenido e Nicanor Ramos, traían para casa o 1º premio de consolación.