DeportesÚltima hora

O Club Petanca Valdeorras organiza un torneo para o 17 de maio nas pistas do Chao, no Barco

Esperan contar con 16 tripletas de diferentes partes de Galicia e do Bierzo

Unha tripleta do Barco, no torneo das Festas do Cristo 2021./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, será unha xornada con actos literarios en torno á figura do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, pero tamén deportiva, cun torneo de petanca organizado polo club barquense.

Será en horario de mañá e tarde (de 10 a 14 e de 15:30 ata o final) e servirá para inaugurar a ampliación das pistas do Chao, no Barco. “Cada vez somos máis e o sitio quedábasenos pequeno polo que o Concello do Barco ampliou ata 8 pistas, así o día do torneo poderemos xogar todos a un tempo”, explica o presidente do Club Petanca Valdeorras, Gabriel Álvarez. El mesmo adianta que esperan contar con 48 participantes (16 tripletas) de diferentes partes de Galicia (A Coruña, Santiago, Vigo,…) e por suposto do Bierzo e de Valdeorras.

As inscricións poden facerse no campo de petanca situado no Chao, todos os días a partir das 16:30 horas, totalmente de balde. Haberá premios para o 1º, 2º e 3º clasificado.

 

Artigos relacionados

Back to top button