DeportesGalerías de fotos

O Club Salvour nas copas de España e Galicia de salvamento e socorrismo

Roi Naranjo Estévez e Hugo Estévez Crespo suben ao podio da clasificación autonómica

Un total de 143 socorristas de seis comunidades autónomas participaron nas probas da 2ª xornada da copa de España de salvamento e socorrismo e a 1ª primeira copa Galicia, disputadas o 10 de marzo na piscina municipal de Caldas de Reis (Pontevedra). Unha competición á que o Club Salvour de Ourense asistía con 4 dos seus mellores deportistas nas categorías infantil e cadete, entre os que destacou a actuación de Hugo Estévez, 2º na copa Galicia e 4ª na de España e Roi Naranjo que tamén subía ao podio na proba autonómica logrando un segundo en 200m natación con obstáculos y un terceiro posto en 200m súper socorrista.

Tal como explican dende o club ourensán, Roi Naranjo Estévez tamén particiou na proba de 100m remolque de maniquí con aletas de goma cadete quedando no posto 13º da copa de España e 6º na de Galicia. En 200m súper socorrista era 6º de España e 3º de Galicia; e en 200m natación con obstáculos era 7º de España e 2º de Galicia.

Hugo Estévez Crespo pola súa banda, participou nos 100m socorrista infantil quedando no posto 13º da Copa de España e no 10º da Copa Galicia. Na proba de 100m remolque de maniquí pequeno con aletas era 4º en Copa de España e 2º en Copa Galicia; e en 100m natación con obstáculos era 10º de España e 6º de Galicia.

Con respecto ás rapazas, Aldara Nerea Vesprini Pérez participou en 200m súper socorrista cadete e en 50m remolque de maniquí (17ª na Copa de España e 8ª na Copa Galicia). En 50m remolque de maniquí era 15ª na proba nacional e 6ª na autonómica. Pola súa banda, Zaira García Villalonga era 17ª de España en 100m natación con obstáculos infantil e 10ª de Galicia. Nos 100m remolque de maniquí pequeno con aletas lograba o posto 12º na Copa de España e o 7º na de Galicia.

Os resultados finais da copa de España infantil e cadete daranse a coñecer trala terceira e última xornada que terá lugar o 28 de abril en Valladolid.

Fotos: Club Salvour.

Artigos relacionados

Back to top button