OurenseÚltima hora

O Club Sincro Ourense suma 32 nadadoras capacitadas para competir en categoría de nivel en campionatos de España

Nas primeiras xornadas de pase de nivel de natación artística desta tempada clasificábanse sete
Nadadoras das categorías alevín 2 e infantil coas adestradoras Beatriz Montes e Elvira López.

Coa participación nas primeiras xornadas de pase de nivel de natación artística (en Pontevedra para a categoría alevín 1 e en Ferrol para as categorías infantil e alevín 2), comezaba o Club Sincro Ourense a tempada competitiva.

Nestas xornadas, organizadas pola Federación Galega de Natación, as nadadoras deben disputar probas de seco (forza, elasticidade, equilibrio,…), probas de natación pura, probas de habilidades na auga propias da natación artística e figuras obrigatorias.

 

Nadadoras do grupo alevín 1 que competiron en Pontevedra coa súa adestradora Beatriz Montes.

 

Do club ourensán foron 15 as nadadoras que participaron, das cales 11 conseguiron clasificarse para poder competir nesta tempada en categoría de nivel galego. Ademais, 7 desas 11 tamén se clasificaban para competir a nivel nacional. “As nadadoras que non conseguiron o pase a categoría de nivel nestas primeiras xornadas poderán intentarlo de novo nas próximas que se disputarán no mes de decembro”, explican dende o Club Sincro, adiantando que con estes novos pases de nivel, o club ourensán chega ás 32 nadadoras capacitadas para competir en categoría de nivel en campeonatos de España.

O vindeiro sábado, 24 de novembro, a actividade competitiva rexional de natación artística trasládase a Ourense, concretamente á Piscina Rosario Dueñas do Pabellón de Os Remedios, onde se celebrará o campionato galego de inverno de rutinas técnicas en horario de mañá; e a I xornada de figuras de nivel en horario de tarde. Ambas competiciones se celebrarán en la

 

 

Artigos relacionados

Back to top button